Os viñedos teñen un sistema de condución tradicional galego, que leva o nome de emparrado. Cun chan de composición granítica, é dominado por aluviòns silíceos, franco, rico en materia orgánica, ácido e profundo.
Vendima
Faise durante a 2ª quincena de setembro, unha vez as uvas alcanzan o punto óptimo de maduración. A vendima realízase de forma manual, en caixas plásticas de 20 kilos de capacidade co fin de que a uva chegue o máis san posible á adega.
A recollida das distintas variedades de uva faise por separado, co control do consello regulador.