Presentación

A herdade é unha parte singular da vida galega, é a propiedade dos nosos antergos que vai pasando, a través das xeracións, ás nosas máns. É algo mais que o escrito nun documento.

 

 

En quinta couselo sentimos que tamén herdamos o amor ao cultivo da terra, e á transformación da froita en líquido, ao traballo ben feito. Cando o viño entra no comercio queremos transmitir que detrás desa botella, hai un mundo de vivencias antigas, con modernas máquinas. Sempre a terra.

 

Filosofía da adega

O principal obxetivo de quinta couselo ao longo da súa historia, foi e será conseguir a mais alta calidade na elaboración dos seus viños, aguardentes e licores.

Esta pequena e acolledora adega, de longa tradición familiar, posúe un amor especial polo viño e o contorno que a rodea.

Non é, por tanto, casual a combinación de pedra e madeira na construción das novas instalacións.

 

Historia

Quinta couselo é unha pequena herdade que foi comprada en 1163, polos monxes do mosteiro de santa maría de oia, pertecente a orde do císter, que foi construido no ano 1132, baixo o reinado do rei afonso vii. Este mosteiro foi un grande baluarte defensivo, ante as constantes invasións marítimas.

No século xii, foi cando se intensificou o cultivo da vide nesta zona. O grande interese por aumentar as súas posesións no val do rosal, respondía ao descubrimento, por parte dos monxes, da capacidade que tiñan estas terras para a produción do viño.

Dende o ano 1898, pertence a familia vicente.

 

QUINTA DE COUSELO, S.L.
COUSELO - O ROSAL (PONTEVEDRA)
Telf: 986 62 50 51 Fax: 986626267