Adega Quinta Couselo

 

Adega

Unha vez a uva entra na adega, comeza o proceso de despalillado, co fin de extraer o raspòn, evitando deste xeito pasarlle ao viño un sabor herbáceo.

A uva cae por gravidade directamente na prensa neumática, a cal traballa a baixa presión, extraendo o mosto que pasa a través dunha tubería ao depósito isotérmico, no cal realízase o desfangado de maneira estática.

A continuación realízase a fermentación, mediante un pé de cuba con levaduras autóctonas, controlando a temperatura entre 17º -18º c. Rematada a fermentación, se leva a cabo os seguintes procesos: clarificación, estabilización en frío, filtración amicróbica e embotellado.

Viño

É o Quinta de Couselo un rosal típico, composto por variedades viníferas autóctonas. O albariño, cun 70%, configura a personalidade deste viño. O loureiro ou marqués, cun 20%, apórtalle elegancia e finura, e o caiño branco, o 10%, realza e completa este grande rosal.

Turonia é un albariño novo e singular, sae ao mercado cunha pequena producción de 12.000 botellas da colleita 2001.

É un viño branco monovarietal, elaborado coa variedade de uva albariño 100%.

QUINTA DE COUSELO, S.L.
COUSELO - O ROSAL (PONTEVEDRA)
Telf: 986 62 50 51 Fax: 986626267